PRESENTACIÓN

venres 20 abril 2018

Neste blog persoal que lle dedico ao Soneira quero amosar todo o que se acadou e facer pública a súa información pra conservar e compartir con todos os que nos identificamos co noso equipo. Non resultou fácil recompilar datos pra reunir a información que se reflicte nesta web.

A falta de documentación fíxome percorrer a memoria de moitos ex-directivos e ex-xogadores que viviron de preto a historia do Soneira e que, apoiado polos seguintes medios: Libro de actas dos primeiros anos de existencia, fotografías, actas arbitrais dalgunhas tempadas, relación de xogadores declarados pra a mutua de varios anos, fichas de xogadores de varias tempadas, reportaxes publicados nos xornais El Ideal Gallego e Hoja del Lunes dos primeiros anos do equipo e que atopei na Biblioteca Municipal de Estudios Locais da Coruña, datos obtidos da web www.lapreferente.com" así como tamén información que figura no libro “50 anos de historia de fútbol da Costa da Morte” de Xosé Mª Rei Lema e Xosé Mª Lema e do libro "Historia do C.D. Baio e da Liga da Costa" de Xosé María Lema Suárez, servíronme pra levar a cabo este traballo que agora presento.

José Luis Leis Correa
Autor

En HISTORIA | 5 Comentarios | Permalink

HISTORIA

venres 20 abril 2018


























Ano 1950



OS ALBORES

As orixes do fútbol en varias vilas da comarca da Costa da Morte (Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Ponte do Porto, Baio) veñen da década de 1920 na que se disputaban partidos de carácter amigable coincidindo coas festas patronais. O primeiro nome que identificou ao noso equipo foi Ball Soneira de Vimianzo segundo costa na crónica de La Voz de Galicia do 30-9-1927.
























Manuel Antelo y Pepe Mouzo


Gustaríame lembrar a dúas persoas fundamentais na creación do equipo. Manuel Antelo Varela, que por aqueles anos sesenta era o alcalde de Vimianzo e baixo cuio mandato se adquiriron os terreos do campo de fútbol, que desde entón é patrimonio municipal. Outra persoa clave foi José Luís Mouzo Rial, que desde o primeiro momento asumiu a responsabilidade de dirixir e controlar as obras do terreo de xogo. Co seu esforzo logrou culminar un dos mellores campos da Liga da Costa.

PERÍODO 1966-1970
O 29 de marzo de 1966 na asemblea convocada pola comisión xestora encargada da constitución da sociedade Club Soneira de E. e D. sale elixido presidente Manuel Antelo Varela, converténdose no primeiro rexedor do club. Oficialmente da comenzo o seu andar na tempada 1965-1966 na Liga da Costa a cal tivera o seo arranque o 12 de abril de 1964. Sustituiríalle logo José María Pose Romero, baixo cuia dirección o club lograría en 1967 o primeiro título do equipo, a Liga da Costa. O último presidente deste período sería José Luís Mouzo Rial. Foron varios os directivos que arrouparon a estes presidentes , Ricardo Queiro, Daniel Pose, Francisco Miñones, entre outros.

Os catro adestradores que dirixiron ao equipo neste período foron Alejandro Lemus Noya (Perucho), Jesús Pereiro, Paco Miñones e Tito Luaces. E como poder esquecer a xogadores como Moli, Amador, Robusto, Luís Leis, Soto e Ramón Pastoriza. Destacar o labor que realizaba Manuel Duarte Alvite (Manolo do Chantaino) un personaxe que merece ser vinculado á historia do Soneira. Desempeñaba moitos labores no campo pintaba o terreo de xogo, colocaba a corda nos postes de cemento que rodeaban o recinto, limpaba os vestiarios. Del dependía todo o material deportivo: botas, uniforme, balóns... Nos desprazamentos levaba un enorme cesto de vimbio no que ía todo o material deportivo. Manolo levábao por aqueles campos da Costa.






















Tempada 1968-1969


PERÍODO 1978-1990

Na tempada 1978-1979 reaparece de novo o equipo e asume a presidencia José Antonio Ameijeiras Ramos. Á seguinte tempada diríxeo José María Villar Costa, logo seguirían Jesús Manuel Roget Barrientos, Manuel Lavandeira Insua e Emilio Díaz Zapata.

Toma a sustitución Manuel Rodríguez Lema (Manolo do Capitán) na tempada 1983-1984 no que o conxunto vimiancés proclámase campión de novo da Liga da Costa. O seu mandato durará até a tempada 1988-1989 e foi relevado por Manuel Romero Lavandeira que nada puido facer por evitar un novo apagamento polas dificultades de manter ao equipo na competición. Houbo directivos como Antonio de Correos, Toñito Cundins, Litos, Vitorio do Campo, Moncho do Zapateiro, Ricardo Vidal, Chucho da Mariña ou José Ramón de Caracas que traballaron sen medida. E todos lembramos adestradores como Chicho, Ernesto Rieiro, Manín, Celso Villar e Juan Cabrejo. E xogadores sobresalientes Javier Antelo, Valiña, Anselmo, Nano, Pepiño Becerreiro e Ricardo Vía. E que sería do club sen persoas que traballaron na sombra, como os utilleiros Moncho do Corcuso, Segundo Antelo e Jesús González (Chucho do Fidalgo).






















Tempada 1983-1984



PERÍODO 1995-2016
Cun novo amencer regresou á competición na tempada 1995-1996, co Concello como impulsor. É elixido presidente José Manuel Pereira Méndez e comeza a tempada en Terceira Rexional e ascenso a Segunda. Ramiro empeza á fronte do temón e logo foi sustituído por Soto.

Seguirá Juan Luís Gómez Fernández (Xota) á fronte da directiva da tempada 1996-1997 á 2007-2008 aínda que curiosamente os tres primeiros meses desta última campaña sería presidente José Soto Fernández. Na súa traxectoria como mandatario, Xota contou nas súas xuntas reitoras con entusiastas colaboradores que lle arrouparon durante ese tempo. Aí estaban Antonio de Correos, Pastoriza, Anselmo, Francisco Sar, Carlos Gómez, Javier, Teté, Pedro, Maior, Manuel Oanes. E así lograron estabilizar o equipo durante todo o mandato e o Soneira foi campión da Liga da Costa na campaña 2004-2005 e campión da Liga da Costa de xuvenís 2006-2007. Periscal, Manolín, Sieso, Berto, Cambeiro, Lavandeira-Lareiras, Bardanca, novamente Manolín e Braulio comandaron o equipo estes anos. En xuvenís Ramiro, Michel e Luciano foron os preparadores.

Juan Silva Jallas toma a substitución da presidencia e consegue dous títulos de Campión de Copa da Costa nas tempadas 2008-2009 e 2010-2011. Manolito Leis e Miguel Fieira estiveron á fronte dos bancos. Substituíulle no cargo Eulogio Andrade Souto, que puxo a Felipe Candamo e José Angel de preparadores.



















Antonio Blanco Cundins


Antonio Blanco Cundins, foi o directivo mais activo do Soneira. O seu primeiro cargo foi na tempada 1969-1970 sendo nomeado vocal na asemblea xeral celebrada o 16 de xaneiro de 1970, desde entón formou parte da maioría das distintas directivas que ao longo de moitos anos levaron as rendas do equipo. Pola súa dedicación e entrega, é admirado por todos os que o coñecimos é será lembrado como o mellor directivo que tivo o Soneira. Antonio, foi ademais, socio do equipo en todas as tempadas até o seu falecemento o 8 de decembro de 2010



















Tempada 2015-2016



Na actualidade o presidente é José Antonio Espasandín Trillo, e que o pasado ano 2016 conmemorativo do 50 aniversario, conseguiu o título de campión de Primeira Autonómica. Recuperou como adestrador a Manolito Leis que substituiría a José Angel na anterior tempada. Michel, Ramiro, Pastoriza, Lareiras, Manolito Leis, Manuel Angel, Fran de Urroa, Fernando, Alberto Vía e Richi son os xogadores destacados deste período.

En HISTORIA | 3 Comentarios | Permalink